Localizan as dúas persoas que estaban desaparecidas en Verea e Monterrei

Garda Civil, veciños e efectivos de Protección Civil participaron nos operativos de procura

As dúas persoas que estaban desaparecidas na provincia de Ourense, en concreto, en Monterrei e Verea, foron localizadas, informou a Comandancia de Ourense. 

En concreto, un home de 69 anos enfermo de Alzheimer, que faltaba desde este mércores do seu domicilio, situado na parroquia de Cardeu, en Verea, foi localizado "en perfecto estado de saúde" a pesar de que levaba un día desaparecido.

O home apareceu minutos antes do seis da tarde en Gomesende, a máis de vinte quilómetros do seu domicilio. 

Pola súa banda, efectivos da Garda Civil de Maceda localizaron a unha muller, que se atopa interna na residencia psiquiátrica de Monterrei, que desaparecera ás tres da tarde deste xoves. 

En ambos os dispositivos de procura participaron integrantes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona), do servizo cinológico e un helicóptero da Garda Civil.

Comentarios