Aparece en bo estado un interno que desapareceu dunha residencia da Rúa

Faltaba desde o sábado ás tres da tarde

Desaparecido na Rúa. TWITTERCastor Noche García, de 69 anos, interno da residencia da terceira idade Nosa Señora Fátima da Rúa (Ourense) que falta desde este sábado ás tres da tarde, tras saír e non regresar, apareceu este domongo en bo estado.

O Instituto Armado informaba de que a denuncia se presentou á unha da madrugada e de que se trata dunha persoa con problemas de alcoholismo, un home que está incapacitado xudicialmente por sentenza e levado pola fundación pública galega para tutela de persoas adultas, a competente nestes casos.