Buscan unha moza de 16 anos desaparecida en Vigo desde o día 9

A organización SOS Desaparecidos informou este venres da desaparición en Vigo dunha moza de 16 anos, da que no se teñen noticias desde o pasado día 9. A menor chámase Paula Lafuente Román.

A moza mide 1,65 metros, é de complexión delgada, ten o pelo negro e os ollos verdes. Atendendo a algunhas informacións, esta sería a segunda vez que desaparece no último mes.

Comentarios