Localizan á muller de 33 anos desaparecida en Vigo desde o venres da semana pasada

A denuncia interpúxoa a súa avoa, coa que reside
Desaparecida en Vigo. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Desaparecida en Vigo. SOS DESAPARECIDOS

Iria Rodríguez Vila, unha viguesa de 33 anos que levaba desaparecida desde o pasado venres, 23 de outubro, foi localizada na tarde deste venres.

A Policía Nacional mantiña activado un dispositivo de procura. Segundo informan fontes oficiais, a denuncia interpúxoa este xoves a súa avoa, coa que residía na cidade olívica, despois de que non volvese a casa tras saír dun centro educativo. 

A investigación, de acordo coas mesmas fontes, tratou de pescudar se a muller puido dirixirse á casa duns amigos antes de que se lle perdese a pista.

SOS Desparecidos alertou de que a muller xa fora localizada.

Comentarios