Localizan nunha zona montañosa á sexaxenaria desaparecida en Muros

No operativo de busca participaron efectivos da Garda Civil, GES, Protección Civil e a unidade de drones da Axencia Galega de Emerxencias

Os servizos de emerxencia atoparon en tarde deste venres a unha muller nunha zona montañosa próxima a Esteiro que desaparecera á primeira hora da mañá en Muros.

Un particular avisou ao 112 Galicia sobre as 09.00 horas da súa desaparición e indicou que a muller de 68 anos, fora vista por última vez no seu domicilio, no lugar de O Maio, ás 08.15 horas.

Nese momento activouse un operativo de busca que estivo coordinado pola Garda Civil e no que participaron os efectivos do GES e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muros, así como a Unidade de Drones da Axencia Galega de Emerxencias.

Unha vez localizada por Protección Civil, os servizos de emerxencia solicitaron ao 112 Galicia unha ambulancia para atender á sexagenaria, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Comentarios