Buscan a unha moza de 17 anos desaparecida en Pereiro de Aguiar

É a segunda menor de idade que desparece en Galicia nos últimos días
Cartel Uxía Gómez Rey. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Cartel Uxía Gómez Rey. SOS DESAPARECIDOS

A Asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta para tratar de localizar a unha menor de 17 anos desaparecida desde o pasado día 11 na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar. 

En concreto, trátase de Uxía Gómez Rey, unha moza de 1,60 metros de altura, pelo longo e louro e ollos verdes. No momento da súa desaparición vestía pantalón vaqueiro, abrigo longo verde e zapatillas. 

Esta é a segunda desaparición dunha menor que se difunde en Galicia en só uns días. A outra nova que se busca é Paula Lafuente Román, de 16 anos, que falta do seu domicilio en Vigo desde o pasado 9 de novembro. 

Segundo a descrición achegada, Paula Lafuente mide 1,65 metros de altura, é de complexión delgada e ten os ollos verdes e o pelo negro.