Buscan unha persoa arrastrada pola corrente no río Miño

Varios veciños alertaron de que unha persoa se atopaba en apertos no río, ao seu paso por Ourense

 

Búsqueda de un joven en el Miño en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Búsqueda de un joven en el Miño en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

Os servizos de urxencias buscan unha persoa que foi vista en apertos no río Miño ao seu paso por Ourense. Según indica o servizo 112 Galicia, sobre as 17.30 horas da tarde deste mércores a central do servizo de urxencias comezou a recibir chamadas de veciños que alertaban de que unha persoa parecía arrastrada pola corrente do río

Con esta información foron alertados os profesionais do servizo de urxencias 061, así como os bombeiros e voluntarios de Protección Civil.