Atopan en bo estado ao ribadumiense que faltaba da súa casa desde o domingo

O home foi visto por última vez en Cuntis

Imagen del ribadumiense desaparecido en Cuntis. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Imagen de Francisco Abal Pintos. SOS DESAPARECIDOS

Imaxe do ribadumiense desaparecido en Cuntis. PROTECCIÓN CIVIL PORTAS

A Garda Civil localizou este martes a Francisco Abal Pintos, coñecido como Kiko, que estaba desaparecido. O mozo, de 32 anos, foi atopado na Armenteira e atopábase en bo estado. 

A familia interpuxera unha denuncia pola súa desaparición o luns pola tarde no cuartel da Garda Civil de Cambados, ao non saber nada del desde o sábado pola noite cando saíu a celebrar unha cea de empresa e non volveu á súa casa.

Francisco Abal Pintos traballa no taller Despeces Tino, no polígono de Cambados, e fora visto por última vez o domingo pola tarde nun bar de Cuntis. O seu teléfono móbil recibía chamadas e mensaxes pero non contestaba.

Nas tarefas de procura participaron axentes da Garda Civil de Cambados, voluntarios de Protección Civil de Ribadumia, Portas e Cuntis, e veciños que tamén tomaron parte na procura de Francisco Abal.