Caballero abandonará a corentena tras dar negativo nunha segunda proba PCR

O secretario xeral do PSdeG agradeceu as mostras de ánimo recibidas
Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS
photo_camera Gonzalo Caballero. EUROPA PRESS

O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista na Cámara galega, Gonzalo Caballero, abandonará a corentena tras dar negativo na segunda proba PCR e non estar en contacto con ningún positivo en coronavirus. 

Diso informou o propio Gonzalo Caballero a través do seu perfil da rede social Twitter, no que explicou que tras dous resultados negativos poderá empezar unha "nova fase". 

"Acábanme de comunicar que a segunda PCR que me fixeron tamén deu negativa. Ao non estar en contacto con ningún positivo e de acordo aos protocolos tras dous PCR negativas, nova fase. Estou ben. Grazas a tod@s os que vos preocupastes", publicou. 

En concreto, Gonzalo Caballero comunicou o mércores que mantiña unha corentena preventiva de 48 horas tras ter febre pero dar negativo nunha primeira proba PCR. Por iso, non puido asistir este xoves á constitución das comisións parlamentarias e da Deputación Permanente. 

Comentarios