domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Caen dous galegos nun veleiro con 1.500 quilos de cocaína preto de Canarias

Un veleiro similar ao interceptado nesta operación. CEDIDA
Un veleiro similar ao interceptado nesta operación. CEDIDA
O operativo saldouse cun terceiro detido de orixe estranxeira

Unha operación conxunta desenvolvida pola Policía Nacional, a Garda Civil e Aduanas desembocou na aprehensión dun veleiro cargado con 1.500 quilos de cocaína en altamar, preto das illas Canarias. No mesmo viaxaban dous galegos, orixinarios do sur da provincia de Pontevedra, e un cidadán estranxeiro.

Todos eles pretendían introducir o alixo a través da ruta tradicional, aínda que desviáronse unhas millas cara ao sur para evitar ás borrascas Elsa e Fabien.

O barco é custodiado ao mediodía deste domingo cara a un porto canario, onde será descargada a droga.

Desde a Comisaría de Pontevedra, a unidade Greco Galicia participa nas investigacións, que partiron dun aviso do Centro de Análise Marítima con sede en Lisboa.

Caen dous galegos nun veleiro con 1.500 quilos de cocaína preto de...
Comentarios