A caldense Icía Rey gaña un concurso literario organizado polo Ministerio de Defensa

Cospedal eloxiou o traballo da galega, que homenaxea aos militares polas súas "vidas de entrega" e pola "súa dedicación en cada misión, en cada vida salvada"

María Dolores de Cospedal xunto a Icía Rei Castromán, do colexio San Fermín de Caldas de Reis. TWITTER
photo_camera María Dolores de Cospedal xunto a Icía Rei Castromán, do colexio San Fermín de Caldas de Reis. TWITTER

A ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, entregou os premios do concurso "Carta a un militar español", que cumpre a súa quinta edición, á gañadora Icía Rey Castromán, de cuarto da Eso do colexio San Fermín de Caldas de Reis, e aos finalistas Mario de la Fuente García, de primeiro de Bacharelato no colexio Corazón de María (Zamora), e Ana María Alemán Alfaraz, de primeiro de Bacharelato do instituto Castela (Soria).

Cospedal afirmou que a educación en valores é "unha ferramenta imprescindible na construción dun mundo mellor". Durante o acto celebrado no seu departamento, que contou coa presenza do secretario xeral de Política de Defensa e outros altos cargos do Ministerio, a ministra destacou o labor e os valores das Forzas Armadas.

A ministra afirmou que o fomento e a conciencia da cultura da Defensa é un "obxectivo prioritario" do seu departamento, porque é necesario que a sociedade coñeza o que fan os militares.

"A nosa aproximación á cultura de Defensa debemos abordala a través da pedagoxía e xunto cos pais e profesores", remarcou a ministra, quen incidiu en que "queremos que os mozos españois coñezan o que fan as súas Forzas Armadas".

Subliñou que "a seguridade e a defensa son absolutamente necesarias para que todo o demais sexa posible", como sentirnos protexidos, o goce do noso modelo de vida e o respecto á liberdade e os dereitos humanos.

Tras eloxiar a calidade dos traballos, Cospedal agradeceu a participación no concurso dos 8.500 alumnos, uns 1.200 máis que o pasado ano, e os máis de 450 centros escolares.

CARTA GAÑADORA. A gañadora na súa carta titulada Vidas de entrega eloxia a dedicación dos soldados en cada misión e en cada vida salvada, anímalles a seguir ondeando a bandeira de España e confesa que se sente máis protexida porque comprende que "hai persoas dispostas a dar a súa vida para crear un mundo mellor no que vivir".

"Hoxe, os que se poden sentir orgullosos son as Forzas Armadas Españolas; orgullosos dos estudantes aos que serven cando serven pola defensa de toda unha nación", sinalou Cospedal.

Na web do concurso www.cartaaunmilitar.es

Nas cinco convocatorias celebradas ata a data deste concurso participaron máis de 30.000 alumnos duns mil centros de ensino. 

Comentarios