O cambio de voo de Feijóo para ir a Colón "non foi a cargo dos galegos", di a Xunta

O PP rexeitou situarse sobre a posibilidade de pactar con Vox nas institucións galegas

Casado y Feijóo, en la manifestación. FERNANDO VILAR
photo_camera Casado y Feijóo, en la manifestación. FERNANDO VILAR

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o custo do cambio de axenda do xefe do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para asistir á manifestación en defensa da unidade de España en Madrid "non foi a cargo dos galegos". 

Así o indicou Rueda, a preguntas dos xornalistas este martes, durante o acto de entrega dos informes de avaliación de transparencia no sector público á valedora do Pobo, Milagros Otero. 

Deste xeito, o número dous do Goberno galego di descoñecer se o cambio na axenda do presidente –que adiantou a súa volta a España para asistir en Madrid á manifestación do pasado domingo– supuxo "unha variación" no custo da viaxe institucional a Estados Unidos, aínda que subliñou que, en caso de habela, "non sería a cargo dos galegos". 

O PP rexeitou situarse sobre a posibilidade de pactar con Vox en Galici
Os grupos da oposición (En Marea, PSdeG e BNG) afearon no Parlamento galego ao PP a manifestación "fachoide" convocada pola dirección nacional do partido este domingo na Praza de Colón de Madrid, mentres noutra protesta en Santiago os galegos "defendían" a sanidade pública fronte aos "recortes" da Xunta. 

E é que a hipotética irrupción de Vox nas institucións galegas volveu enfrontar á oposición e ao PP despois de que o grupo maioritario rexeitase situarse sobre a posibilidade de chegar a pactos co partido de extrema dereita.

Comentarios