Un camión verte 300 litros de fuel na A-6 en Coirós

La fuga está controlada

Salida en la A-6 a la área de servicio de Coirós. GOOGLE MAPS
photo_camera Salida en la A-6 a la área de servicio de Coirós. GOOGLE MAPS

Un incidente na válvula de peche do tanque dun camión foi a causa da perda duns 300 litros de fuel que transportaba, segundo relatou o mesmo camioneiro ao persoal do 112 Galicia. 


Os feitos ocorreron pouco antes das 8,00 horas deste luns na área de servizo da A-6, dirección Madrid, á altura do concello coruñés de Coirós. 


Foi a esa hora cando a Garda Civil de Tráfico chamou ao 112 Galicia para solicitar a intervención dos Bombeiros de Betanzos. Ademais, indicaron que tamén era necesaria a intervención do persoal de mantemento da vía para a limpeza ao acceso da Estación de Servizo onde estaba parado o camión, debido ao combustible derramado. 


O 112 sinalou que a fuga está totalmente controlada e os Bombeiros, que procederon a realizar no lugar as tarefas de limpeza, confirmaron que non hai risco de que a vertedura afecte a ningunha canalización ou rexistro. 

Comentarios