Os municipios en alerta máxima por covid soben a 12 tras sumarse Cangas á lista

Segue os pasos de Vilagarcía e sitúase en nivel vermello tras rexistrar máis de 21 positivos en coronavirus nos últimos sete días
Mapa del semáforo del covid domingo 18 de octubre
photo_camera Mapa do semáforo do covid domingo 18 de outubro

A lista de municipios galegos en nivel máximo de alerta, o 3, pola pandemia do coronavirus ascenderon este domingo a 12 despois do ingreso no grupo do municipio pontevedrés de Cangas do Morrazo, onde se detectaron máis de 21 casos positivos por PCR nos últimos sete días. 

Deste xeito, Cangas segue os pasos de Vilagarcía e súmase á lista de municipios en nivel 3 pola incidencia do coronavirus, na que tamén figuran as cidades de Ourense e Santiago de Compostela, que rexistran máis de 120 e 112 contaxios, respectivamente, en sete días.  As outras localidades con nivel máximo de alerta pola pandemia por presentar máis de 21 casos confirmados na última semana son A Laracha, Ordes, Arteixo, Ames, O Barco de Valdeorras, Verín, Barbadás e O Carballiño. 

Mentres, en situación 2 —en cor laranxa do 'semáforo' do mapa de Sanidade— sitúanse 17 municipios, dos cales 11 repiten no mesmo nivel de alerta con respecto á xornada anterior: Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Culleredo, Teo, Poio, Pereiro de Aguiar, Nigrán e Narón. 

Ademais, súmase ao nivel 2 os municipios pontevedreses de Vilanova de Arousa, O Porriño e Marín; e os coruñeses Oleiros, Mesía e Fene. Pola súa banda, Carballo (A Coruña) e Tomiño (Pontevedra) descenden ao nivel 1 e están en cor amarela. 

En nivel vermello inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos á semana, mentres que no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes establécese como corte a detección dunha taxa de 112 ou máis casos á semana por cada 100.000 habitantes. No nivel de cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de covid á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. 

Mapa do semáforo do covid domingo 18 de outubro

Comentarios