Capturan ensanguentado en Muxía ao actor que acoitelou a súa ex e se deu á fuga

Atacou á muller, nai de dous fillos, no seu posto de traballo na sede de Unións Agrarias en Vimianzo, de onde é natural o actor, popular pola súa participación na serie 'Serramoura' â??A vítima está grave

Javier Miñones y la víctima de la agresión machista YOUTUBE
photo_camera Javier Miñones e a vítima da agresión machista YOUTUBE

Exterior da sede na que se produciu o ataque machista de Vimianzo. GOOGLE - Unións AgrariasA Garda Civil capturou en Muxía ao actor Javier Miñones, que permanecía fuxido tras agredir cun coitelo no pescozo a súa exparella no seu posto de traballo na sede de Unións Agrarias de de Vimianzo.

O home foi localizado ensanguentado na Praia dos Muiños, ata onde se desprazou a Garda Civil, que confirmou a súa identidade e o detivo pola tarde.

Desde primeira hora da mañá, a Garda Civil puxo en marcha unha investigación, clasificando o suceso como un caso de violencia machista, e un dispositivo de procura na zona, que arrincou no municipio no que se producían os feitos, desprazouse ata Camariñas e que concluíu no limítrofe concello de Muxía, onde foi localizado o presunto culpable. Varios vehículos e polo menos un helicóptero participaron nos labores de localización, que causaron un gran balbordo entre os veciños.

A vítima, de 48 anos e nai de dous fillos, foi trasladada nun primeiro momento a un centro de atención primaria e, posteriormente, evacuada ao Mapa VimianzoHospital Clínico de Santiago, onde foi intervida cirurxicamente. Segundo puido saber AGN, a muller, Montse L.M. foi operada e permanece estable. Presentaba feridas "moi graves". 

O AGRESOR. Este diario puido confirmar que o presunto agresor é o actor Javier Miñones, coñecido por, entre outros, o seu papel na serie da TVG Serramoura. Ten 41 anos, é fontaneiro de profesión, e formou parte doutras producións audiovisuais como O Final do Camiño e Luz Verde. Miñones non ten antecedentes nin denuncias previas por violencia de xénero ou calquera outra situación que motivase algún tipo de protección para a muller, segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Unha testemuña presenciou o sucedo na oficina de Unións Agrarias

UNHA TESTEMUÑA. No momento do apuñalamento había polo menos unha testemuña no interior do sindicato. O home, que ía realizar unhas xestións á oficina de Unións Agrarias, declararía tras o incidente que, ao recoñecer a Miñones e presenciar a discusión coa vítima, pensou nun primeiro momento e aínda desorientado pola situación, que se atopaba na rodaxe da serie Serramoura.