Carlos Baute sorprende coa súa imitación do acento galego

O artista participou no programa 'La vuelta al cole' de Telemadrid, onde se lanzou a falar "un pouco en galleguiño"
Carlos Baute, en el programa Vuelta al cole. TELEMADRID
photo_camera Carlos Baute, no programa Volta ao cole. TELEMADRID

La vuelta al cole, o programa que José Luis Martínez-Almeida, alcalde de Madrid, fixo famoso en todo o país ao confesar nel que lle parece máis importante doar diñeiro á catedral de Notre Dame que ao Amazonas –"porque está en Europa e nós somos europeos"–, pode volver ter unha repercusión similar grazas a Carlos Baute.

Polo menos en Galicia, pois o artista venezolano tivo moi presente á nosa comunidade durante a súa participación cos máis pequenos no espazo de Telemadrid. Alí, Baute lanzouse a falar "un pouco en galleguiño" diante dos nenos:

As reaccións non tardaron en xurdir por mor da publicación deste tuit, sendo a maior parte delas de rexeitamento pola actuación do cantante.

Comentarios