Casado e Arrimadas achegan posturas no País Vasco, pero encallan en Galicia

Os populares "tenden a man" a Cs para negociar nos comicios galegos outra fórmula que non sexa unha coalición
 
Arrimadas y Casado hablan con , José María Espejo. EUROPA PRESS
photo_camera Arrimadas e Casado falan con José María Espejo. EUROPA PRESS

 A portavoz de Cs, Inés Arrimadas, non logrou este martes convencer o líder do PP, Pablo Casado, para presentarse ás eleccións galegas en coalición, pero achegaron posicións para concorrer xuntos baixo esa fórmula no País Vasco, que tamén celebra comicios o próximo 5 de abril. Aínda que a reunión que mantiveron foi "moi positiva", segundo coincidiron ambos, Arrimadas non conseguiu que Pablo Casado aceptase a súa fórmula de coalición para os comicios galegos, aínda que o PP asegurou que atoparán "a fórmula adecuada" máis aló das 48 horas que quedan para rexistrar as coalicións en Galicia.

"Avanzamos no acordo para o País Vasco, pero non está pechado", asegurou Arrimadas, que insistiu en que están á espera de superar "o escollo de Galicia" e que se poida asinar un acordo global para os tres territorios nos próximos dous días. A gaditana continúa defendendo a fórmula da coalición como un paquete pechado para os tres territorios que celebran eleccións (Galicia, Euskadi e Cataluña), aínda que non estivo tan contundente como outras veces.

DIFERENCIAS. Con todo, o número dous do PP, Teodoro García Egea, que foi á cita con Casado, subliñou que "o problema non é o mesmo" en Galicia e en Euskadi, polo que hai que mirar cal é a "fórmula adecuada" en cada territorio para unir forzas con Cs. Deste xeito, evidenciou que a postura do seu partido segue inamovible en Galicia no que respecta á oferta da coalición e sinalou que ata o 1 de marzo, que é cando conclúe o prazo para a presentación das listas, "todas as vías están abertas". Pero Arrimadas evitou falar doutras opcións que non sexan a coalición e respondeu que non comprende como o PP lle pide que renuncie ás súas siglas en Galicia cando eles non lle esixen aos populares que o fagan en Cataluña.

"Non entendemos que o que se pide en Cataluña non podamos telo en Galicia", afirmou Arrimadas, que acudiu á reunión xunto ao secretario xeral do grupo parlamentario, José María Espejo. García Egea, polo seu lado, asegurou que as dúas partes comparten o mesmo obxectivo: evitar a fragmentación do voto de centro dereita nos tres territorios onde existe a ameaza nacionalista. Dixo que están de acordo "no fundamental", polo que seguirán traballando para atopar "o mecanismo máis adecuado" para cada autonomía xa que mentres en Euskadi ve claro que "hai que axuntar esforzos" porque o espazo de centro dereita está dividido, en Galicia hai que aproveitar o "magnífico proxecto" que lidera Feijóo, en torno ao que está xa aglutinado ese espazo electoral.

Sobre os avances que se produciron para concorrer en coalición co PP ás eleccións vascas, Arrimadas concretou que lle gustaría que se incorporasen referentes como Maite Pagazaurtundua, eurodiputada de Cs. Asegurou que Cs non porá ningunha obxección aos nomes que propoña o PP, referíndose ao líder vasco, Alfonso Alonso. 

Máis reunións ►Haberá un diálogo Arrimadas-Feijóo
Inés Arrimadas non tira a toalla no seu intento por ir xunto ao PP en Galicia e "pelexará ata o último minuto" para que o presidente galego "salga do non" no que está instalado a pesar de que queda un día para rexistrar as coalicións. A portavoz de Cs anunciou que falará persoalmente con Alberto Núñez feijoó para intentar convencelo.

O presidente da Xunta advertiu a Cs de que non use as eleccións galegas para facer o seu "congreso interno" dentro da formación laranxa.

Comentarios