lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Casal promete máis recursos e persoal para "blindar" a sanidade no rural

Pancho Casal. MAREA GALEGUISTA
Pancho Casal. MAREA GALEGUISTA
O candidato reivindicou a "necesidade de que os servizos e recursos retornen aos hospitais comarcarles"

O candidato á presidencia da Xunta Marea Galeguista, Pancho Casal, subliñou o seu compromiso para "blindar os servizos públicos no rural e reverter a centralización e privatización da sanidade" na provincia de Ourense", dotando ao hospital de Verín con máis recursos e persoal sanitario. 

En Verín, epicentro da loita polo paritorio, o líder desta formación acusou a Feijóo de facer "e desfacer a sanidade electoral segundo estea ou non en proceso electoral" e recordou que "logo de case pechar o paritorio deste hospital comarcal e deixar aos nenos sen pediatras" agora queira pechar o centro médico de Albarellos, nesta comarca, "deixando ao rural sen servizos". 

"A Marea Galeguista porá fin ao desmantelamento dos servizos públicos ourensáns que están na UCI", aseverou o candidato, quen cuestionou a estratexia de centralización "e privatización da sanidade pública. 

O candidato reivindicou a "necesidade de que os servizos e recursos retornen aos hospitais comarcarles e non se centralicen todos nos grandes das cidades" para o que chamou a recuperar "o espírito de loita do Verín non se pecha". 

Neste sentido, mostrou a súa satisfacción por que Feijóo "reculara" e abra os centros de día que ata agora permanecían pechados. 

No que respecta á visita realizada á estación intermodal, reclamou que se despolitice "" o proxecto e constrúase o mellor proxecto para Ourense, que garanta a permeabilidade entre barrios, concluíu.

Casal promete máis recursos e persoal para "blindar" a sanidade no...
comentarios