Case 11.000 persoas optan ás 390 prazas do Sergas

Os exames celebraranse en Silleda os días 9 e 10 de marzo

Oposiciones. LUIS POLO
photo_camera Oposicións en Silleda. LUIS POLO

Un total de 10.892 persoas están convocadas ás oposicións do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que se celebrarán en Silleda os días 9 e 10 de marzo, nas que se ofertarán 390 prazas, segundo publicou este mércores o Diario Oficial de Galicia (DOG). 

Tal como sinalou a Xunta nun comunicado, este proceso selectivo é o primeiro no que se habilitou unha quenda para as persoas con discapacidade intelectual, "coas pertinentes adaptacións de temarios e tempo de realización das probas", ao que asistirán un total de 218 opositores. 

Estes aspirantes están convocados para o sábado 9 de marzo ás 10.00 horas para a realización do primeiro exercicio da parte específica. Ademais, o domingo 10 de marzo, ás 15.30 horas, examinaranse os aspirantes de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, que realizarán os tres exercicios que comprende a fase de oposición. 

O Sergas ofrece neste proceso de selección un total de 390 prazas, das cales 144 corresponden aos opositores de acceso libre, 195 para promoción interna e 21 para discapacidade xeral e 30 para persoas con discapacidade intelectual. 

As probas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, onde se reforzarán as medidas de seguridade". 

Doutra banda, a Xunta recordou que as probas para o grupo de auxiliar da función administrativa realizaranse o 7 de abril, mentres que o 12 de maio serán as da categoría de enfermería. 

Comentarios