Case 2,4 millóns de máscaras e máis de 43.000 botes de xel para o 12-X

Haberá tamén representantes da Administración en cada local electoral con funcións de vixilancia e supervisión
Una mujer con mascarilla. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Unha muller con máscara. VICTORIA RODRÍGUEZ

Un total de 2.390.523 máscaras cirúrxicas, 43.320 botes de xel hidroalcóholico e 47.272 pantallas faciais de protección formarán parte do dispositivo de prevención da Covid-19 que a Xunta porá en marcha o vindeiro domingo para garantir a saúde dos galegos durante a xornada electoral. 

Para votar será obrigatorio o uso da máscara por parte dos cidadáns, aos que se lles facilitará unha no caso de que non conten con ela. Ademais, deberán higienizar as mans con xel hidroalcohólico tanto no acceso ao local como logo da votación. 

Precisamente, antes de exercer o seu dereito ao voto, os electores deberán depositar o seu DNI para identificarse nunha bandexa que haberá na mesa electoral e así reducir o contacto. Ademais, a cabina de votación estará disposta de forma que estea garantido o segredo ao voto pero sen que haxa que manipular as cortinas. 

Segundo os datos facilitados a Europa Press pola Vicepresidencia da Xunta, ademais destes materiais de protección, haberá tamén representantes da Administración en cada local electoral con funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública en todos os locais. 

As persoas integrantes da mesa electoral e os interventores e apoderados dos partidos políticos contarán cunha pantalla facial

Este persoal tamén regulará o acceso e aforamento para evitar aglomeracións e colaborará para dar prioridade ás persoas maiores ou con discapacidade e que poidan acceder directamente á zona de votación. 

Así mesmo, na entrada de todos os colexios haberá cartelería informativa -proporcionada pola Xunta- para recordar os requisitos que se deben de cumprir e, ademais, estarán sinalizadas as zonas de acceso e os fluxos de entrada e saída no interior dos locais para evitar cruces e garantir que se manteña a distancia de seguridade.

COMPOÑENTES DE LAS MESAS. As persoas integrantes da mesa electoral e os interventores e apoderados dos partidos políticos contarán cunha pantalla facial, ademais do xel e as máscaras, para empregar toda a xornada. 

Ademais, a Administración autonómica intensificará a limpeza e desinfección de todos os locais tanto antes como durante a xornada electoral para garantir a máxima protección. 

Fontes da Vicepresidencia da Xunta recordaron que esta semana o equipo de 133 representantes da Administración para a coordinación e colaboración na adopción de medidas preventivas fronte á Covid-19 realizan unha segunda comprobación de todos os locais par ratificar que, tras a colocación dos materiais, séguense as pautas do protocolo. 

Comentarios