Os case 30.000 Ertes aprobados en Galicia afectan a 156.281 traballadores

Pontevedra é a provincia con máis Expedientes de Regulación Temporal de Emprego
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark

Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (Erte) están a piques de alcanzar a cifra dos 30.000 en Galicia (son 29.839) a raíz do impacto do coronavirus, con 156.281 traballadores afectados con datos deste xoves.

En comparación co mércores, tanto os expedientes de regulación como os empregados inmersos soben en torno ao 3,5%, segundo os datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A nivel autonómicou, hai 860 Erte presentados polo estado de alarma con 14.507 traballadores. Os de índole estatal con repercusión en Galicia son 34, pero sen datos de empregados.

Por provincias, Pontevedra segue á cabeza con 62.326 afectados en 10.338 Ertes. Séguelle: A Coruña (52.237 empregados en 11.376 expedientes); Ourense (14.573 traballadores en 3.660 Ertes ) e Lugo (12.638 traballadores en 3.571 expedientes).

Así mesmo, a Xunta recorda que para os Ertes presentados antes da entrada en vigor do decreto do sábado pasado, as empresas contan cun prazo de cinco días, e, xa que logo, finaliza esta semana. No caso dos expedientes a partir do decreto do pasado sábado, as empresas deberán comunicalo tamén no prazo de cinco días desde que se presente a solicitude do expediente.

Comentarios