Un CD recada fondos para os nenos que quedaron orfos na explosión de Paramos

A iniciativa do CRA Mestra Clara Torres de Tui recolle nove historias de OQO narradas por actores
Presentación del CD solidario. CONCELLO DE TUI
photo_camera Presentación do CD solidario. CONCELLO DE TUI

Cuentos con moito conto é o título do CD solidario editado polo CRA Mestra Clara Torres de Tui con nove historias de OQO editora narradas en galego e castelán. Os fondos que se recaden coa súa venda, a 10 euros a unidade, destinaranse aos dous nenos que quedaron orfos na explosión dun almacén pirotécnico clandestino rexistrada o pasado ano en Paramos

Actrices e actores foron os encargados de poñer voz a cada un dos nove relatos de OQO Editora recollidos no CD, que conta co deseño da portada, edición e mestura de son de Brais Sousa. 

Na presentación do CD, Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, mostrou o seu agradecemento por este xesto e outras accións que se promoveron en solidariedade cos afectados pola explosión no barrio da Torre. 

Así, indicou que, aínda que inicialmente a proposta era que os fondos fosen para este colectivo, a asociación suxeriu que se destinasen aos dous nenos que quedaron orfos o 23 de maio de 2018.

Comentarios