miércoles. 22.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 22.01.2020
El tiempo

Unhas cen persoas recordan a Gabriel en Santiago e piden a prisión permanente revisable

Una cien personas se concentraron en el Obradoiro para recordar a Gabriel. LAVANDEIRA JR
Una cien personas se concentraron en el Obradoiro para recordar a Gabriel. LAVANDEIRA JR

Tamén houbo concentracións na Coruña e Vigo, entre outras cidades españolas, para recordar ao neno asasinado e a outras vítimas

Máis dun centenar de persoas congregáronse este domingo na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela para recordar a Gabriel Cruz, o neno asasinado nun pobo de Almería, e para pedir a continuidade da prisión permanente revisable.

Esta convocatoria celebrouse tamén na Coruña e Vigo, entre outras cidades españolas, para recordar a Gabriel, ás menores vítimas de mortes violentas e tamén aos desaparecidos.

Ademais, a Plataforma pola Non Derrogación da Prisión Permanente Revisable, impulsada por pais de vítimas como Diana Quer, Mari Luz Cortés ou Marta del Castillo, fixo un chamamento a participar nestas concentracións para pedir a continuidade da prisión permanente revisable.

"O principal motivo da concentración é facer unha homenaxe a Gabriel. E tamén a todos os nenos que foron asasinados cruelmente e aos que están desaparecidos", dixo en declaracións aos xornalistas María José Otero Ferro, impulsora da concentración en Santiago.

"E despois, aproveitando este momento, pedir apoio para que non se derrogue a prisión permanente revisable, porque hoxe foron os seus fillos, pero mañá poden ser os de calquera de nós", continuou esta muller, que pediu aos políticos que "reflexionen" sobre a continuidade da prisión permanente revisable.

A concentración estivo presidida por tres pancartas: Unha coa lenda Xustiza para o noso pescaíto e por todos os que un día foron arrebatados. Santiago convosco, outra con fotografías de menores asasinados ou desaparecidos e a lenda Nunca vos esqueceremos, estamos coas vítimas ata o final e unha terceira coa foto de Gabriel e dos seus pais e a frase Porque o mundo está cheo de mulleres e homes bos. Arriba os corazóns bos.

MANIFESTO. Durante a concentración leuse un manifesto por dúas nenas e unha muller a favor da prisión permanente revisable e en contra da violencia. "Pedimos aos gobernantes e responsables políticos unha reflexión profunda (...) E un debate con rigorosidade, sereno, sosegados e con argumentos", sinala o manifesto lido.

Tamén tiveron un recordo para os nenos desaparecidos, "para sacalos por un instante das frías estatísticas" e chamalos polo seu nome. Os organizadores quixeron facer unha homenaxe" ao persoal das forzas e corpos de seguridade e tamén dos equipos de urxencias.

E, ademais, houbo unhas palabras para os pais de Gabriel Cruz, pola súa lección de dignidade nun momento intenso de rabia, ira e dor.

Na concentración repartíronse lazos e carteis con peixes azuis e outros co nome de menores vítimas de actos violentos coa súa idade e localidade.

Tras a lectura do manifesto a concentración concluíu cun minuto de silencio e un aplauso e a recollida de firmas a favor da prisión permanente revisable e en contra da súa derrogación.

Unhas cen persoas recordan a Gabriel en Santiago e piden a prisión...
Comentarios