Un centenar de porcos mortos ao envorcar o camión que os transportaba en Dozón

Moitos dos animais quedaron atrapados e non sobreviviron ao impacto
Camión de transporte de cerdos accidentado en Dozón. BOMBEROS
photo_camera Camión de transporte de porcos accidentado en Dozón. BOMBEIROS

Un camión cargado con máis de 200 porcos saíuse este luns da calzada na EP-6014, ao seu paso polo termo muncipal de Dozón, e acabou envorcando, o que provocou a morte de varios animais, mentres que o condutor resultou ileso, informaron fontes do servizo Emerxencias 112.

Segundo o 112, o sinistro produciuse sobre as 14.00 horas á altura da parroquia do Castro. Practicamente un centenar dos cochos quedaron atrapados e non sobreviviron ao impacto do total de 230 que transportaba o vehículo sinistrado.

O traballo dos bombeiros foi moi duro, xa que houbo que excarcerar os animais un a un das gaiolas onde viaxaban, relataron fontes do parque dos Bombeiros do Deza. Xunto a eles acudiron ao lugar do sinistro efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal de conservación da estrada, que se colaboraron no rescate e regularon o tráfico na zona durante varias horas.

Comentarios