Un centro de Meaño, primeiro colexio galego en ser "referente" para Unicef

Este recoñecemento chega polo seu traballo en educación en dereitos da infancia e cidadanía global
CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas. GSV
photo_camera CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas. GSV

O CEIP As Covas de Meaño converteuse no primeiro centro educativo galego en ser recoñecido por Unicef como "centro referente en educación en dereitos da infancia e cidadanía global".

Unicef entrega este recoñecemento desde 2017 aos colexios que incorporan esta visión no seu proxecto educativo e na súa terceira convocatoria foron distinguidos 91 novos centros.

O colexio pontevedrés recibirá este recoñecemento nun acto que se celebrará en Galicia nas próximas semanas

A iniciativa ten como finalidade impulsar e recoñecer o esforzo destes centros educativos por levar a cabo proxectos de cidadanía global a longo prazo, así como incentivarlles á mellora permanente e a innovación na educación en dereitos da infancia.

O colexio de Meaño foi recoñecido polo implicación en accións que permiten aos estudantes desenvolverse como cidadáns conscientes e responsables, capaces de contribuír á súa propia mellora, á da súa comunidade e, por extensión, á da sociedade.

Os dereitos de infancia, segundo a directora de Sensibilización e Políticas de Infancia de Unicef en España, Carmen Molina, son un elemento "vertebrador" da vida escolar, xa que posibilitan o desenvolvemento de contornas "seguras" de aprendizaxe, o exercicio dunha participación activa e un traballo integrado de toda a comunidade educativa.

Este dereito a unha educación "inclusiva e de calidade", engade Molina, é "fundamental" para a construción de sociedades "máis xustas".

O colexio pontevedrés recibirá este recoñecemento nun acto que se celebrará en Galicia nas próximas semanas.

Comentarios