Chamada in extremis de Villares para contruír unha "candidatura galega única"

O portavoz de En Marea, Luis Villares. EFE
photo_camera O portavoz de En Marea, Luís Villares. EFE

O portavoz de En Marea, Luís Villares, incidiu este luns que aínda queda tempo para artellar unha candidatura galega para as eleccións xerais do próximo 10 de novembro na que participen todas as forzas que cren na soberanía de Galicia.

En rolda de prensa e a escasas horas de que peche o prazo para inscribir as coalicións, Villares insistiu en facer unha "chamada á ilusión" para constituír unha "candidatura galega única" da que formen parte En Marea, Anova, Compromiso por Galicia e o BNG.

Con todo, o BNG xa presentou as súas listas para concorrer en solitario aos comicios estatais e Anova actualmente está a negociar de novo con Unidas Podemos.

Para Villares, no entanto, aínda queda tempo para "sumar forzas en clave dun espazo galego e progresista" porque o non facelo podería significar que Galicia non conte con representación propia.

"Esa suma podería ser multiplicadora", insistiu Villares para quen ningunha forza debería pensar que "pode abarcar a totalidade" do espazo soberanista en Galicia.

"Ninguén comprendería que alguén quedase fose e puxese en risco a representación dunha axenda galega", reiterou o líder de En Marea. 

Comentarios