O chef Javi Estévez participará no congreso gastronómico da Apehl

Será o día 29 no MIHL e ademais intervirán o director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas, o piloto Eduardo Iglesias e o barista José Manuel Portela
El chef Javi Estévez. AEP
photo_camera O chef Javi Estévez. AEP

O chef madrileño Javi Estévez, cuxo restaurante A Tasquería conta cunha estrela Michelin, realizará o próximo día 29 no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) unha demostración de cociña con produtos de indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe galegas.

Este será un dos pratos fortes do II Congreso ...E para comer, Lugo no Camiño, que organiza a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), dentro do programa O Teu Xacobeo.

O acto comezará cunha charla do piloto monfortino Eduardo Iglesias, que, na súa segunda participación no Rally Dakar, finalizou este ano no posto 53.

O responsable de formación en Cafés Candelas, José Manuel Portela, realizará unha demostración deste produto e haberá unha degustación.

O director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas, tamén impartirá unha charla na que fará un percorrido polo Camiño de Santiago a través da vista, o gusto e o olfacto.

As prazas para asistir a este congreso son limitadas, unhas 40. Os interesados poden incribirse no teléfono da asociación de hostalería 982226912 ou na súa páxina web www.apehl.org. Tamén haberá un taller para nenos de 6 a 12 anos de idade.

Comentarios