sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

A choiva será protagonista en Galicia este domingo

Choiva intensa en Pontevedra. RAFA FARIÑA
Choiva intensa en Pontevedra. RAFA FARIÑA
A alerta laranxa esténdese a todo o litoral galego

O domingo Galicia quedará na influencia dunha profunda borrasca situada ao norte das Illas Británicas que deixará ventos fortes de compoñente sur e enviará unha fronte co avance do día.

Durante a mañá os ceos estarán a alternar nubes e claros, con aumento das nubes á tarde e choivas que comezarán pola franxa atlántica e que cara á noite chegarán a toda a Comunidade.

O tempo domingo 15.02

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios.

O vento soprará forte de compoñente sur, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.

ALERTA LARANXA
Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ampliou a alerta laranxa costeira prevista para este domingo a todo o litoral galego.

Ademais, actívase a alerta laranxa por ventos en terra con refachos que poden alcanzar os 100 km/h na Mariña lucense que dará comezo ao redor das 09:00 horas.

Haberá mar combinada do oeste-noroeste con ondas que poderán alcanzar os 6 metros, que se espera que dea comezo a primeiras horas de mañá, con vento do suroeste de forza 7.

TEMPERATURAS
A Coruña 14 16º
Ferrol 13 16º
Lugo 11º 15º
Ourense 13° 19º
Pontevedra 12º 16º
Santiago de Compostela 12º 14º
Vigo 13º 17º

A choiva será protagonista en Galicia este domingo
Comentarios