Choivas e tormentas antes do bo tempo que pechará agosto

A entrada de aire frío na atmosfera dará lugar á formación nebulosidade este martes

Un grupo de personas se refrescan en las termas de A Chavasqueira, en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un grupo de persoas refréscanse nas termas da Chavasqueira, en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

Logo dun luns de temperaturas elevadas en gran parte de Galicia, superando incluso os 35 graos no sur da comunidade, este martes cambia o tempo. A entrada de aire frío nas capas máis altas da atmosfera dará lugar á formación de nebulosidade e tormentas que poden chegar a ser fortes ou estar acompañadas de saraiba.

A inestabilidade empezará a notarse nas zonas de interior e sueste do territorio galego e estenderase por toda a comunidade a partir do mediodía, segundo a previsión de Meteogalicia.

As temperaturas mínimas terán ascensos entre lixeiros e moderados, mentres que as máximas baixarán lixeiramente na metade sur da comunidade e quedarán sen cambios no norte. Así, espérase que se alcancen uns valores máximos de 33 e 30 graos en Ourense e Lugo, respectivamente, mentres que os termómetos non superarán os 27 graos en Ferrol e Santiago, os 26 en Vigo e Pontevedra e os 23 na Coruña. As mínimas oscilarán entre os 13 graos da cidade amurallada e os 20 da Coruña e Vigo.

martes

A inestabilidade manterase nas primeiras horas do mércores, cando non se descarta a posibilidade de tormentas fortes, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

A situación cambiará a partir do xoves, xa que se prevé que remita a nebulosidade e aumenten as temperaturas máximas, superando ou roldando os 30 graos en Ourense, Vigo e Pontevedra. Iso si, as noites serán bastante máis frías que nas xornadas pasados e os mercurios poden descender ata os 11 graos en Lugo.

xoves

Para o venres e os primeiros días de setembro espérase que se manteña o bo tempo na comunidade, con sol e temperaturas propias desta época do ano.
 

Comentarios