O Chuac repara por primeira vez en Galicia o 'corazón ao revés' dun neno

O menor xa fora operado cun ano de vida para preparar o órgano de face a esta intervención

El equipo médico que realizó la intervención. CHUAC
photo_camera O equipo médico que realizou a intervención. CHUAC

O Hospital Teresa Herrera da Coruña realizou por vez primeira en Galicia a reparación dunha cardiopatía congénita comunmente coñecida como Corazón ao revés. Ao paciente, un neno de cinco anos de idade, sometéuselle a un reentrenamiento do corazón para preparalo para a posterior cirurxía. 

Este tipo de cardiopatía, segundo informa o centro hospitalario, "representa unha malformación cardíaca complexa e de gran dificultade técnica para a súa corrección cirúrxica". 

Ademais, nalgúns casos, a reparación non se pode realizar de modo directo e é preciso facer un reentrenamiento ou preparación do corazón para que o paciente poida soportar a operación definitiva que reparará a malformación. 

Precisamente, esta técnica foi a que aplicou o equipo médico da unidade de cirurxía cardíaca infantil do Hospital Teresa Herrera, coordinado polo Doutor Victor Bautista.

PREPARAR O CORAZÓN. O paciente foi diagnosticado desta enfermidade durante o embarazo da súa nai. Aos poucos meses de vida observáronse signos de fallo cardíaco, polo que decidiron operar ao paciente cun ano de vida con obxecto de preparar ao corazón para que aguantase a cirurxía posterior reparadora, informa o hospital. 

Tras un seguimento estrito do paciente, os profesionais médicos consideraron que o corazón do menor atopábase en condicións para soportar a cirurxía reparadora unha vez cumpridos os 5 anos de vida. 

A operación desta cardiopatía, coñecida pola poboación porque a padecía a exministra Carmen Chacón, consistiu en restablecer de xeito correcto as conexións das aurículas cos ventrículos e dos ventrículos coas grandes arterias que saen do corazón. 

Comentarios