Reconstrúen no CHUS unha mandíbula cun transplante de tecido cultivado nunha perna

Trátase da "primeira vez" que se realiza unha intervención similar en Galicia
Equipo da cirurxía mandibular coa xerente da área. SERGAS
photo_camera Equipo da cirurxía mandibular coa xerente da área. SERGAS

Especialistas do Servizo de Cirurxía Maxilofacial do Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, cuxo responsable é o doutor Abel García, reconstruíron a mandíbula dunha paciente cun transplante "a medida" de tecido cultivado nunha perna desta. 

Segundo informou a área sanitaria de Santiago nun comunicado, cirurxiáns maxilofaciales reconstruíron a mandíbula dunha paciente "injertando un óso da encía cultivado no peroné da propia perna da paciente". 

As mesmas fontes sanitarias explicaron que a peza implantada foi creada mediante enxeñería tisular –cultivo de células da propia paciente en laboratorio–. 

Deste xeito, trátase da "primeira vez" que se realiza unha intervención similar en Galicia, destacou a área sanitaria, e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) é o segundo centro de España en levala a cabo "con éxito", incidiron as mesmas fontes. 

A paciente, unha muller de 40 anos, presentaba un tumor benigno, pero invasivo, na mandíbula, indicaron por parte da área sanitaria. Así, para extirparlle a metade da mandíbula procedeuse á reconstrución cun auto transplante do óso do peroné con encía oral. 

Para esta strong <>reconstrución facial empregáronse as técnicas de planificación virtual 3D, a enxeñería tisular e as abordaxes minimamente invasivas, que evitan cicatrices faciais visibles. O cirurxián encargo de dirixir esta operación, cunha duración de 12 horas, foi Quim Megías, que contou coa colaboración de profesionais de varios servizos. 

Por parte do Servizo de Cirurxía Maxilofacial está previsto que esta técnica beneficie a uns 20 pacientes ao ano con tumores benignos mandibulares que necesiten resecciones extensas de óso, e así "ofrecerlles aos pacientes con lesións en boca e cara a mellor reconstrución posible", conclúen por parte da área sanitaria compostelá. 

Comentarios