Ciudadanos destitúe a Xunta Directiva de Ourense "por abandono de funcións"

Xustificou esta decisión ao entender que a agrupación "require dunha dinamización" á vez que anunciou que procederá ao nomeamento dun xestor

Laureano Bermejo
photo_camera Laureano Bermejo.

O comité executivo de Ciudadanos comunicou este mércores a súa decisión de destituír á xunta directiva de Ourense "por discrepancias e abandono de funcións".

Nun comunicado, a formación laranxa que preside en Galicia Laureano Bermejo xustificou esta decisión ao entender que a agrupación "require dunha dinamización" á vez que anunciou que procederá ao nomeamento dunha xestora "polo período que sexa necesario", tras reunirse cos afiliados.

O nomeamento da xestora dará paso a unhas "novas eleccións" da xunta directiva da agrupación conforme ás normas regulamentarias, abundaron na mesma nota.

Esta decisión produce unha nova fractura dentro do partido nesta provincia e logo dunhas eleccións, nas que Ciudadanos quedou fóra do poder e sen capacidade de negociación para condicionar os gobernos da cidade e Deputación.

A xunta directiva destituída estaba formada por Ignacio Juan Martín Amaro, David Pereira Carrasco, María da O Teijeiro Villanueva, como coordinadora, e incorporouse o edil José Araújo, como responsable de política municipal. 

Comentarios