Un coche arroia a un mozo que estaba a tomar algo nunha terraza de Teo

A condutora do vehículo manobraba para estacionar no momento do accidente

Un mozo foi atropelado en Teo logo de invadir un coche unha terraza na que se atopaba tomando algo tranquilamente. No vehículo viaxaban unha muller e a súa filla.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás 20:40 horas deste xoves nunha cafetería da Travesía de Montouto. 

O incidente produciuse cando a muller que conducía o vehículo manobraba para estacionar e, supostamente, confundiu os mandos do seu coche e acabou acelerando contra as cadeiras e mesas da terraza do local.

Por sorte no atropelo só unha persoa resultou ferida, que foi evacuado polo 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia, aínda que as súas feridas non revestían gravidade.

Comentarios