viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

'Cocido de Tronos': a feira de Lalín inspira a Buenafuente

Montaxe do monólogo 'Cocido de tronos', de Buenafuente. LATE MOTIV
Montaxe do monólogo 'Cocido de tronos', de Buenafuente. LATE MOTIV
O humorista baseou o seu monólogo de apertura do programa Late Motiv na cita gastronómica e Feijóo

O día grande da Feira do Cocido de Lalín serviu de inspiración para o monólogo co que Andreu Buenafuente abriu este luns o programa Late Motiv, unha hilarante parodia da cita gastronómica que incluíu referencias cinematográficas e electorais, como apunta o nome elixido para bautizar a peza: "Cocido de tronos". E é que a presenza de políticos como o alcalde de Madrid, José Luís Martínez - Almeida, e as tradicionais capas que locen os comendadores deron moito xogo. "Almeida é agora novo cabaleiro de honra do cocido galego, e ten sentido, porque está a favor da emisión de gases", chanceou o presentador respecto diso.

"Non se se sabedes onde está Lalín, nos arredores de Madrid. En Galicia, concretamente", aclarara con anterioridade, para situar os espectadores no mapa. 

Pero o rexedor non foi o único protagonista da xornada mencionado no monólogo. O líder de Los Suaves, José Manuel Domínguez Yosi, que tamén foi nomeado comendador do cocido o pasado domingo, foi denominado polo humorista como o "Gandalf galego". "O El Cigala de maior, non sei", engadiu, mentres na pantalla víase unha imaxe do cantante.

Na mesma liña, a foto oficial do presidente da Xunta, Alberto Núlez Feijóo, e outros investidos coa capa de comendador tivo irremediablemente a súa propia comparativa cos hobbits, de El señor de los anillos. "O certo é que o ocorrido en Lalín daba para varias superproduccións", dixo Buenafuente antes de introducir unha montaxe no que o presidente galego trasladábase directamente a Juego de Tronos. "The empacho is coming", concluíu.

 

O monólogo abandonou a feira do cocido, pero non Galicia nin ao líder do PPdeG, e Buenafuente fíxose eco da imaxe coa que o Partido Popular anunciou a elección de Feijóo como candidato ás eleccións do 5-A. En concreto, puido o foco na lema elixido, 'Galicia é moito'. "Moi ben, moi galego todo, pero, ¿Galicia é moito que, concretamente? Parece idioma Rajoy. O próximo lema será os galegos son moi galegos e moito galegos. Co alcalde tamén", ironizou.

'Cocido de Tronos': a feira de Lalín inspira a Buenafuente
comentarios