lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

O colexio Calasancio, primeiro de Galicia en suspender as clases polo covid

Entrada do Colexio Calasancio, este venres. GONZALO GARCÍA
Entrada do Colexio Calasancio, este venres. GONZALO GARCÍA
O centro pontevedrés sofre un gromo de coronavirus que, polo momento, só afecta a docentes e outros traballadores

A Xefatura Territorial de Educación e a Consellería de Sanidade acordaron a suspensión das clases no Colexio Plurilingüe Calasancio, en Pontevedra, tras ser detectado un gromo de coronavirus.

Foi a propia dirección do centro a encargada de informar desta decisión nun conciso comunicado feito público na noite deste domingo no que se anuncia que as clases quedan suspendidas desde este luns e "ata novo aviso".

POSITIVOS. O mesmo día da volta ao cole, este xoves, un dos membros da dirección deu positivo nun test PCR, o que provocou que os demais membros do equipo, en total cinco docentes, fosen postos en corentena. Tal e como explican algúns pais, os membros da dirección confinados acudiron ao centro na mañá do propio xoves e estiveron en contacto cos menores.

A situación complicouse este sábado cando unha profesora que non formaba parte do equipo directivo e, polo tanto, non estaba en corentena, deu positivo na proba PCR. Esta docente acudiu ás aulas tanto o xoves como o venres, polo que estivo en contacto directo cos alumnos, todos eles de sexto curso.

Ademais, na noite deste domingo tívose coñecemento de novos contagios entre o persoal do colexio –docentes e outros traballadores–, o que precipitou a decisión de suspender as clases.

CONTACTO COAS FAMILIAS. As familias dos menores recibiron na tarde do sábado unha notificación do centro informando que a profesora estaba infectada e que os contactos das familias dos nenos desa clase foran enviados ao Sergas. Ademais, informouse de que todos os profesores serían sometidos a probas PCR.

Este domingo, antes de coñecerse a decisión de Educación e Sanidade de suspender as clases, o centro tamén informara da situación aos pais das aulas coas que tivera contacto a profesora que deu positivo, recomendándolles que non enviasen aos alumnos de sexto curso a clase.

O colexio Calasancio, primeiro de Galicia en suspender as clases...