O Concello de Laza pide aos xogadores de pádel que sulfaten a pista logo de xogar

Entregaráselles unha máquina "cargada con dose de lexivia e auga"
Un xogador de pádel.PIXABAY
photo_camera Un xogador de pádel.PIXABAY

Desinfectar a pista de pádel con máquina sulfatadora, é o requisito que impuxo o Concello Laza, situado na provincia de Ourense, para poder xogar durante esta fase un da pandemia.

Nun bando ditado polo alcalde de Laza, o socialista Jesús Branco, ao que tivo acceso Efe, o consistorio anunciou a apertura da pista situada na área recreativa do Torural así como as condicións para poder facer uso da mesma. 

As normas establecen que só poderán participar dúas persoas "sempre sen contacto físico e mantendo a distancia de dous metros" de seguridade. 

O máis rechamante é a segunda disposición para o uso da pista. Nela, o rexedor establece que ao finalizar o uso da pista, os xogadores, deberán desinfectar a mesma, para o que se lles entregará unha máquina sulfatadora cargada cunha dose de lexivia e auga suficiente". 

O obxectivo é garantir a perfecta desinfección da pista e evitar así tamén posibles transmisións por coronavirus durante a práctica desta actividade deportiva. 

Para a utilización da pista de pádel, que leva aberta desde o mércores, esíxese ademais asinar unha declaración do uso responsable das instalacións. 

Comentarios