Un condutor dun camión con 20 toneladas de combustible duplica a taxa de alcol

O home circulaba pola beiravía e cando intentaba corrixir a traxectoria circulaba polo centro da calzada

Camión de combustible interceptado en Aranga. EP
photo_camera Camión de combustible interceptado en Aranga. EP

Un condutor foi detectado pola Garda Civil cando circulaba de forma errática pola autovía A-6, á altura de Aranga, cun camión de mercancías perigosas, cargado con 20 toneladas de combustible, segundo informa a Benemérita.

Sobre as 08,00 horas deste mércores, a patrulla de motoristas da Garda Civil observou como o condutor circulaba pola beiravía e cando intentaba corrixir a traxectoria circulaba polo centro da calzada.

Tras circular detrás ata poder paralo nun lugar seguro para notificarlle a infracción cometida, fixéronlle ao condutor a proba de alcoholemia na que deu positivo. En concreto, duplicaba a taxa de alcol legalmente establecida para os condutores de mercancías perigosas, que está en 0,15 miligramos por litro.

DELITO DE LESIÓNS. Por outra banda, a Garda Civil do posto de Boimorto investigou a un veciño de Sobrado dos Monxes (A Coruña) como presunto autor dun delito de lesións o pasado un de xuño.

O investigado indicoulle á vítima que saíse do establecemento no que se atopaba para falar. Unha vez no exterior, agrediuna, ocasionándolle unha fractura da tibia e o peroné. Por iso, foi trasladado ao Complexo Hosptialario Universitario da Coruña (Chuac), onde permanece ingresado.

Comentarios