martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

O conselleiro de Educación, en corentena por un contacto cun positivo

Román Rodríguez. AEP
Román Rodríguez. AEP
Román Rodríguez realizouse unha PCR con resultado negativo, pero permanecerá illado

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou de que, desde este venres, estará illado en corentena e traballando desde casa. Segundo indica no seu perfil de Twitter, permanecerá en corentena por un contacto cun positivo por covid na súa contorna persoal. 

Román Rodríguez explicou que realizou unha proba PCR con resultado negativo.

En redes sociais, apunta tamén que se atopa ben e "seguindo as indicacións sanitarias". 

"Cuidémonos entre todos", apela o conselleiro, cuxo caso é o primeiro que transcende, dun illamento ligado coa pandemia, no seo do Executivo autonómico que lidera Alberto Núñez Feijóo. 

O conselleiro de Educación, en corentena por un contacto cun positivo
comentarios