Os consumidores galegos gastarán un 17% menos neste Nadal

Só un 6% dos enquisados declarou que ten previsto gastar máis nas compras do Nadal deste 2020
Os consumidores prefiren realizar as súas compras en tendas físicas e concretamente, en grandes almacéns. EP
photo_camera Un centro comercial en Nadal. EP

O gasto medio previsto polos consumidores galegos que teñen intención de comprar no período do Nadal deste ano, marcado pola pandemia de coronavirus, é de 440 euros, o que supón un 17% menos que o declarado en 2019, segundo o estudo estacional do Observatorio Cetelem. 

Este estudo, dado a coñecer este venres, analiza as intencións de compra dos consumidores para a próxima campaña do Nadal a partir da realización dunha enquisa online entre mil maiores de 18 anos de idade. A análise de Cetelem pon de manifesto que o 62% de galegos ten intención de gastar menos que o ano pasado nas súas compras de Nadal. 

un 6% declarou a intención de realizar un desembolso maior nas próximas festas. Respecto da razón do menor gasto, o 97% dos consultados afirmou que é por motivo da crise sanitaria. 

En canto ao gasto que os galegos teñen intención de destinar á compra de agasallos do Nadal, o 51% manifestou que será menor que o ano pasado. No outro extremo, un 8% declarou unha intención de incrementar o seu desembolso neste tipo de compras, mentres que o 41% ten intención de investir o mesmo. 

En canto ás compras relacionadas coas reunións familiares, o 61% dos galegos enquisados dixo que realizará un gasto menor que o ano pasado e tan só un 5% ten intención de destinar máis importe neste tipo de compras, mentres que un 34% afirmou que o seu gasto será o mesmo que as festas do Nadal do 2019. 

Comentarios