O consumo de cannabis en Galicia experimenta un repunte

A porcentaxe en adolescentes pasou dun 13,1 por cento en 2015 a un 15,5 por cento en 2017
Cannabis
photo_camera Cannabis

O consumo de cannabis na comunidade galega é menor que a media española. é unha das conclusións recollidas no libro O Consumo de Cannabis e os seus Derivados, presentado este xoves na Fundación Galega Contra o Narcotráfico, no que se indica que a pesar de estar catro ou cinco puntos baixo a media nacional, rexistrouse un lixeiro repunte. 

A porcentaxe de consumo en adolescente pasou dun 13,1 por cento en 2015 a un 15,5 por cento en 2017, amentas en España apenas variou. Doutra banda, este é maior nas franxas de idades máis temperás que en adultos. 

Neste sentido, os comezos danse en idades moi precoces, segundo o estudo, que indica que o primeiro contacto dáse sobre os 15 anos. 

Comentarios