Os contaxios volven superar os 700 en Galicia e sobe a presión hospitalaria

A presión hospitalaria increméntase lixeiramente, con dous pacientes máis en Uci e catro máis en unidades convencionais 
Clientes en una terraza en A Coruña. CABALAR (EFE)
photo_camera Clientes nunha terraza na Coruña. CABALAR (EFE)

Os contaxios decovid-19 en Galicia volveron a situarse por encima da cifra dos 700 por primeira vez nesta semana, en concreto 706, mentres crece a presión hospitalaria e o número de casos activos modera o seu descenso.

Segundo as cifras do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas deste xoves, hai nos hospitais galegos 330 pacientes con esta enfermidade, seis máis que o día anterior, tras aumentar en catro os ingresos en planta, ata os 268, e a 62 nas Uci, dúas máis.

En total hai 11.752 pacientes con infección activa, o que supón 367 menos, pero o descenso na xornada anterior fora case o dobre, 611. En canto ao número de contagios elevouse a 706, fronte aos 613 do mércores.

Desde o inicio da pandemia do coronavirus en Galicia, infectáronse 173.334 persoas e curáronse 159.081, das que 1.070 corresponden ao día de onte. O número de falecidos ascende a 2.532, logo das tres mortes comunicadas onte polo Sergas.

A incidencia acumulada segue en descenso e sitúase en 389,89, case 18 puntos menos que o mércores, aínda que por encima da media estatal de 360,56. A taxa de positividade é do 9,5 por cento, inferior á española, do 11,94 %, segundo as cifras facilitadas polo Ministerio de Sanidade este xoves.

O número de casos activos descende en todas as áreas sanitarias, aínda que máis na Coruña, onde hai a maior incidencia, xa que conta con 3.648 casos, 192 menos nun día.

Na área de Vigo a cifra de persoas con infección activa é de 2.935 (-50); Lugo ten 1.282 (-5); Santiago 1.174 (-29), Pontevedra 1.128 (-83); Ferrol 850 (-3) e Ourense 735 (-5).

En Galicia, administráronse 3.863.120 dose da vacina contra a covid-19 e xa hai 1.919.467 persoas que contan coa pauta completa.

A cifra de PCR realizadas na comunidade ascende a 2.688.532, das que 6.118 corresponden á última xornada, e fixéronse 758.842 test de antígenos e 1.086.313 doutras probas de detección.

Comentarios