Os contaxios dispáranse ata 590 en Galicia, que supera os 6.400 casos activos

A presión hospitalaria mantense en cifras similares ás da xornada anterior, con case 400 persoas ingresadas 
Realización de una PCR. GORKA ESTRADA (EFE)
photo_camera Realización de una PCR. GORKA ESTRADA (EFE)

Os contaxios diarios detectados por PCR en Galicia dispáranse ata os 590, case 300 máis que 24 horas antes, de forma que se incrementan os casos activos ata os 6.404 –407 máis que na xornada anterior–. 

En concreto, segundo os datos publicados este mércores na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do martes, en Galicia rexistráronse en 24 horas 590 casos por PCR nunha xornada na que se practicaron 7.752 probas deste tipo (3.543 máis que o día antes). Con estas cifras, a taxa de positividad sitúase en torno ao 7,6%. 

No entanto, a presión hospitalaria de pacientes covid mantense en datos similares aos dun día antes, con 399 ingresados (un máis). Deles, 57 persoas permanecen na UCI (tamén unha máis). 

Deste xeito, por áreas sanitarias, a da Coruña-Cee é a que rexistra un maior número de novos casos detectados por PCR, con 166 –95 máis–. Cifras que sitúan o total de casos activos en 1.377. 

Na de Santiago-Barbanza detectáronse 133 novos positivos --96 máis que 24 horas antes--, que sitúan o total de activos en 1.442. Pola súa banda, na de Vigo hai 90 novos contaxios detectados por PCR, 61 máis que un día antes, e os enfermos sitúanse en 1.146. 

Así mesmo, na área de Ourense notificáronse 67 contaxios --15 máis-- e os pacientes coa enfermidade elévanse a 734. Por detrás, na área de Ferrol hai 52 novos positivos --29 máis-- e 387 casos activos. Por último, na de Pontevedra hai 29 novos contaxios confirmados por PCR --11 menos--, que deixan os casos activos en 743.

HOSPITALIZACIÓN. Pese ao aumento dos contaxios confirmados, a presión hospitalaria mantense nas mesmas cifras que o luns --cun paciente máis--. Así, hai 399 persoas ingresadas, das que 57 están en unidades de coidados intensivos (UCI). 

Por áreas sanitarias, a que ten unha maior cifra de pacientes covid hospitalizados é A Coruña-Cee, con 97 (-1), dos que 18 están na UCI (+1). A continuación sitúase Santiago-Barbanza, onde os enfermos que requiren hospitalización aumentaron en tres, até os 96, 13 en coidados intensivos (os mesmos). 

Na área de Vigo, pola súa banda, hai 54 pacientes en hospital (sete menos) e 13 en UCI (+1), mentres que en Ferrol son 47 (catro menos), dos que só un está en coidados intensivos. Pontevedra-O Salnés mantén a 56 enfermos en hospital (sete máis), cos mesmos pacientes en UCI --11--. 

Finalmente, a área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco ten xa 32 hospitalizados (+2), un en coidados intensivos (-1) e Lugo-A Mariña-Monforte ten 18 pacientes en hospital --uno máis-- e ningún en UCI.

ALTAS E CASOS. En Galicia rexistráronse até o momento 65.750 casos de coronavirus, dos que 57.925 xa recibiron o alta, 265 nas últimas 24 horas. 

En total, a comunidade fixo, desde o inicio da pandemia, 1.145.403, 7.752 delas na última xornada En total faleceron 1.427 persoas, seis delas nas últimas horas. 

Comentarios