Os contaxios dispáranse en Galicia, con 1.631 casos novos

Baixa levemente a presión hospitalaria
Un paciente intubado en una Uci. EFE
photo_camera Un paciente nunha Uci. EFE

Os contaxios diarios de covid-19 non dan tregua á comunidade galega e, nas últimas horas, marcaron un nova marca desta sexta onda, con 1.631 casos novos diagnosticados, de maneira que o número de persoas coa enfermidade elévase a 17.227, aínda que se reduciu levemente a presión hospitalaria, con 4 persoas menos nas Uci (baixan a 46) e 5 persoas menos en 'planta' (baixan a 228). 

Así se reflicte nos datos feitos públicos este mércores pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18.00 horas do martes, nos que se recollen 1.631 contaxiados máis con respecto ao día anterior, o que supoñen 591 novos casos máis que os diagnosticados 24 horas antes.  Deste xeito, e descontando as altas epidemiolóxicas e falecementos, en Galicia hai 17.227 casos activos de covid, 974 casos máis que o día anterior. 

Os novos contaxios subiron en todas as áreas sanitarias, especialmente na de Vigo, onde se concentran máis dun terzo dos casos diagnosticados nas últimas horas.

CONTAXIOS E CASOS ACTIVOS POR ÁREA SANITARIA. Así, na área viguesa detectáronse 594 casos novos e o número de persoas coa infección activa ascende a 5.706 (424 máis); na área sanitaria da Coruña-Cee, detectáronse 228 infeccións novas e o número de casos activos ascende a 2.678 (148 máis); mentres que na área de Pontevedra-O Salnés, houbo 174 contaxios novos e o número de casos activos subiu a 2.575. 

LER MÁS Moi grave na Uci unha muller con covid e sen vacinar tras dar a luz no Hula

Na área sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras, os novos contaxios son 182 pero, no entanto, é a única área galega que consegue reducir o seu cómputo global de casos activos, que se sitúa en 2.527 (20 menos). 

Na área de Santiago-A Barbanza detectáronse nas últimas horas 267 novas infeccións e o número de casos activos subiu a 1.946; na área de Lugo, Monforte e A Mariña, rexistráronse 124 contaxios novos e o número de casos activos sobe a 1.153 (87 enfermos máis); e na área de Ferrol, hai 62 contaxiados máis e o número de enfermos coa infección activa ascende a 642 (38 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA. Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas reduciuse lixeiramente, ao baixar os ingresados en Uci a 46 (catro menos) e os ingresados en 'planta' a 228 (5 menos). 

Por áreas, a de Vigo segue sendo a que ten máis pacientes graves hospitalizados, con 16 enfermos en coidados críticos (3 menos), mentres que os ingresados en camas convencionais covid son 71 (3 máis); e na área de Pontevedra hai 9 persoas en Uci (as mesmas que o día anterior) e 40 persoas en 'planta' (dúas menos). 

Na área sanitaria da Coruña, segue habendo 7 pacientes en Uci, igual que fai 24 horas, e hai 35 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (dúas máis); na área de Ourense, hai 6 pacientes en coidados críticos (igual que o día anterior) e 41 en 'planta' (9 menos); na área de Lugo hai 3 pacientes en Uci (dúas menos) e 11 en planta (un máis); mentres que na área de Ferrol hai 3 pacientes en Uci (un máis) e 8 en planta (dúas menos); e na área de Santiago hai 2 pacientes en Uci (sen cambios) e 22 en camas convencionais (dúas máis).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS DIAGNÓSTICAS. Desde que comezou a pandemia, 192.489 persoas superaron a enfermidade, das que 652 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron con covid 2.735 enfermos. 

Os últimos decesos comunicados polo Sergas son os dun home de 48 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro, outro home de 95 anos que estaba no CHOP, e outro home de 90 anos, falecido no Hospital do Salnés. Tamén se notificou o falecemento de dúas mulleres: unha de 91 anos de idade ingresada no CHUO e outra de 76 anos, que estaba no CHUAC. 

Con respecto ás probas diagnósticas, ata o momento fixéronse en Galicia máis de 3,18 millóns de probas PCR (10.686 nas últimas horas); máis dun millón de probas de antígenos (4.172 nas últimas horas; e máis de 1,2 millóns doutro tipo de probas. 

Segundo os datos publicados polo Ministerio de Sanidade (actualizados a 20 de decembro), a Incidencia Acumulada a 14 días en Galicia sitúase en 567,06 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España está en 609,38 casos. 

En canto á positividade das probas PCR (o número de test positivos por cada centenar realizado), Sanidade notificou unha positividad nas últimas horas do 15 %, moi por encima do 5 % que fixa a OMS como límite para dar por controlada a pandemia. 

Comentarios