Controlado un incendio nun alpendre en Catoira que almacenaba produtos químicos

Sufocar as chamas foi unha tarefa laboriosa, dado que no seu interior almacenábanse produtos químicos

Un incendio atópase controlado tras afectar a un alpendre no municipio de Catoira, o cal almacenaba diferentes produtos químicos.

O alpendre está situado na PO-548, ao pasar O Alto do Cordeiro. Tras controlar o lume, os bombeiros continúan con tarefas para lograr a súa extinción. Foi necesaria a intervención dunha pa do Concello, que descargou area sobre as chamas. 

ás 14,30 horas, axentes da Garda Civil informaban ao 112 Galicia do lume. Así, avisouse, entre outros, a bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, así como a membros do GES de Padrón e de Protección Civil do municipio.