Os mercurios superan os 40 graos na primeira onda de calor do ano en Galicia

A entrada de aire frío moderará os mercurios a partir deste martes, especialmente no litoral
Una mujer intenta refrescarse con un abanico en Ourense
photo_camera Una mujer intenta refrescarse con un abanico en Ourense

A primeira onda de calor de 2016 deixa este luns temperaturas máximas que superaron os 40 graos en Galicia. A provincia de Ourense foi a máis azoutada pola calor asfixiante, chegando a alcanzar os 42,2 graos en Leiro e os 40,9 na capital.

Tamén no sur de Lugo superaron a barreira dos 40 graos. Concretamente no concello de Ribas de Sil, onde os mercurios marcaron 41,1 graos de temperatura máxima. Seguíronlle de cerca Pantón (39,7), Sober (39,6) e Sarria (39 graos).

Ante a elevadas temperatura a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén a alerta laranxa en toda a comunidade ata as 21.00 horas deste luns. E esque ademais do interior de Ourense e Lugo, na zona de Miño tamén se alcanzaron os 39 graos e en moitos puntos de Pontevedra non baixaron dos 35: Arbo (38,5 graos), Mondariz (37,9) e Lalín (36).

Foron máis frescas as temperaturas na cidade de Pontevedra, con 28 graos de máxima, e na Coruña, xa que nalgúns puntos da capital herculina os mercurios non pasaron dos 25 graos.

ENTRADA DE AIRE FRÍO. A onda de calor parece que non vai quedar moito tempo na comunidade. Segundo a previsión de Meteogalicia, a entrada de aire algo máis frío en capas medias e altas da atmosfera moderará as temperaturas a partir deste martes, con nubes baixas e néboas no litoral atlántico durante a mañá.

Pola tarde haberá alternancia de nubes e claros, en xeral, sen descartar algún fenómeno tormentoso no interior. As temperaturas comezarán a diminuír, sendo o descenso nesta xornada máis notorio no litoral.

Así, a máximas previstas para este martes en Galicia son:  A Coruña-24°; Ferrol-28°; Lugo-31°; Ourense-35°; Pontevedra-25°; Santiago-31° e Vigo-26º.

Comentarios