A tractorada de Lugo prolongarase no 2016

Os gandeiros manterán as súas máquinas cercando a muralla para protestar contra o baixo prezo do leite
Asamblea de los integrantes de Agromuralla, este lunes en Lugo
photo_camera Asamblea de los integrantes de Agromuralla, este lunes en Lugo

Os gandeiros que levan cos seus tractores 19 días  rodeando a muralla romana de Lugo seguirán con esta mobilización para esixir que lles suban o prezo do leite.

Así o acordaron en asemblea celebrada na noite deste luns ás portas da sede da Xunta na capital lucense, á que asistiron uns 200 produtores convocados pola asemblea de Agromuralla.

Segundo un dos portavoces de Agromuralla, Roberto López, esta é unha decisión tomada por "gran maioría", á que non lle acaba de convencer os recentes compromisos alcanzados coas cadeas de distribución e chama ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "a ir a Madrid a dar un golpe enriba dá mesa" para defender un sector "tan estratéxico".

Comentarios