lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

Os campus de Pontevedra e da Coruña, os primeiros en obter a Bandeira Verde polo seu labor sostible

Vista aérea del campus capitalino
Vista aérea del campus capitalino
A Fundation for Environmental Education recoñeceu as iniciativas en materia de eficiencia enerxética e a vinculación entre as dimensións sanitaria e ambiental na sustentabilidade realizadas na Escola Universitaria de Arquitectura e a Facultade de Ciencias da Saúde da UDC

O campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e a Facultade de Ciencias da Saúde e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade de A Coruña foron os primeiros centros españois en obter o distintivo de Bandeira Verde, que outorga a Foundation for Environmental Education, polo seu labor no ámbito da sustentabilidade.

No campus de Pontevedra, a fundación recoñeceu especialmente o esforzo realizado polo Vicerreitorado na "motivación e coordinación xeral das accións ambientais propostas". En canto á Escola Universitaria de Arquitectura da Coruña, valoraron máis especificamente as iniciativas en materia de aforro e eficiencia enerxética, mentres que na Facultade de Ciencias da Saúde destacaron o esforzo por mostrar a vinculación entre as dimensións sanitaria e ambiental na sustentabilidade.

En concreto, a metodoloxía de 'Green Campus' distingue sete etapas que van desde a constitución dun comité ambiental, a realización de ecoauditorías, a elaboración dun plan de acción e declaración do compromiso ambiental, mecanismos de avaliación continua, comunicación das accións desenvolvidas e avaliación final externa por parte dun xurado de expertos.

Os campus de Pontevedra e da Coruña, os primeiros en obter a...
comentarios