miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

A choiva e o vento poñen a Galicia en alerta amarela

Lluvia en Pontevedra
Lluvia en Pontevedra
As precipitacións superarán os 40 litros de auga por metro cadrado na provincia de Pontevedra e o suroeste da Coruña, mentres que na Mariña lucense espéranse refachos de máis de 80 quilómetros por hora

Un total de dez provincias do nordés peninsular atópanse baixo aviso de risco por vento, neve, frío ou fenómenos costeiros. En concreto, a Mariña lucense, o suroeste da Coruña e a provincia de Pontevedra sufrirán nas últimas horas deste martes as inclemencias do tempo e, no caso desta última, a alerta amarela continuará tamén durante a madrugada do mércores debido ás intensas choivas, que superarán os 40 litros de auga por metro cadrado. Unhas precipitacións que tamén castigarán o noroeste da comunidade, mentres que na provincia de Lugo o problema será outro: o vento.

Así, na costa mariñá espéranse refachos superiores aos 80 quilómetros por hora, que se sentirán tanto en terra como no mar. En consecuencia, Lugo atópase ademais en alerta por ondada, segundo as previsións de Meteogalicia.

En xeral, os ceos seguirán o mércores nubrados e cubertos no norte de Galicia, mentres que as choivas poderían afectar con menor intensidade e de forma mais dispersa ao resto da comunidade. En canto ás temperaturas, experimentarán un lixeiro ascenso. En Lugo os termómetros moveranse entre os sete graos de mínima —a máis baixa de todas as grandes cidades galegas— e os catorce de máxima, mentres que os pontevedreses serán os que pasen menos frío: o mercurio non baixará de 12 graos e alcanzaranse os 17 nas horas máis cálidas da xornada.

A choiva e o vento poñen a Galicia en alerta amarela
comentarios