O Concello da Coruña pide explicacións pola viaxe dos xogadores do Fuenlabrada contaxiados

Hotel Finisterre de A Coruña, donde está instalado el equipo del Fuenlabrada. EFE
photo_camera Hotel Finisterre da Coruña, onde está instalado o equipo do Fuenlabrada. EFE

O Concello da Coruña pedirá "explicacións" á Liga e á Federación Española de Fútbol por "consentir" a viaxe á cidade de xogadores do Club de Fútbol Fuenlabrada "presuntamente" contaxiados con Covid-19

Nun comunicado, a administración local denuncia que a situación "pode poñer en risco a saúde pública" na cidade tras "varios meses combatendo unha pandemia que aínda non está controlada". 

O Concello espera "unha pronta recuperación" dos xogadores do equipo madrileño, pero insiste en que "este equipo nunca debeu viaxar á cidade nin se debeu disputar a xornada de Liga". 

O Consorcio de Turismo da Coruña tamén anunciou o adiamento da primeira parte do evento EcomWay que se ía a desenvolver este martes no hotel Finisterre, onde están confinados os xogadores do Fuenlabrada, "por precaución". Nun comunicado, fontes do organismo explican que se comunicarán "novas datas" para o acto. 

Comentarios