A cota de neve baixará aos 800 metros tras as primeiras nevadas na cabeza de Manzaneda

Descenden as temperaturas e a choiva permanece en case toda a comunidade ata a tarde deste domingo

O instituto meteorolóxico prognostica para este domingo inestabilidade na atmosfera debido a unha masa de aire frío procedente do norte que deixará ao seu paso ventos de compoñente norte, moderados no litoral, e máis frouxos en interior, ademais de nubes e claros, con chuvascos máis probables nas zonas setentrionais, e xeadas en zonas de montaña.

A comunidade xa estreou os primeiros copos de neves este sábado na estación de montaña de Cabeza de Manzenada. Unha cota que se situará nos 1000 metros de altitude para este domingo ata a noite, na que é problable, que descienta ata os 800 ou 900 metros. A choiva estará presente case durante toda a xornada na zona norte, quedándose a media tarde a provincia de Pontevedra libre de ballóns.

As máximas temperaturas poderanas rexistrar as cidades de Vigo, Ourense e Ferrol con 14º e as mínimas, en Lugo con 5º.

Comentarios